Nunha contorna natural incomparábel da zona occidental da provincia lucense, a medio camiño entre o mar e Asturias, sitúase o concello de A Pontenova. A historia desta poboación está estreitamente vencellada á minaría. O seu topónimo leva a pensar que antano existiu outra ponte que servía para atravesa-lo río Eo. Desta maneira, conectaba ambas beiras onde, dende tempos remotos, existían xacementos minerais.
Os vestixios arqueolóxicos achados na zona sitúan as orixes destas terras coma un espazo habitado a principios da Idade de Pedra. A fertilidade das súas terras e a súa riqueza en materias primas facían que fose un paraxe idílico para asentarse.
Quizais, por este motivo, pouco tempo despois, cando os individuos empezan a organizarse dun xeito máis complexo, apareceron os primeiros castros, aínda que actualmente apenas poden albiscarse por estar cubertos pola maleza. Dos numerosos castros que existen en A Pontenova, os máis importantes son o Castro das Coroas, na parroquia de Bogo, o Castro do Bispo, na parroquia de Rececende e o Castro de Vilameá, na parroquia do mesmo nome.
Aínda de que non existan probas fidedignas, crese que os romanos tamén aproveitaron a abundancia destas terras. É moi probable que a actual estrada nacional que une Lugo e Asturias siga o mesmo trazado que unha antiga calzada romana. De feito, o achado dos xacementos minerais en Galicia data desa época, e estivo motivado pola busca de ouro e ferro necesarios para fabricar armas e outras ferramentas.
Coa chegada da Idade Media, distintas ordes monásticas ocuparon este lugar. A Igrexa conseguiu te-lo control territorial gracias á infinidade de doazóns que, tanto nobres coma plebeos, ofrecían para expiar os seus pecados. A presenza de construcións relixiosas e templos que datan desa época son indicios desta realidade. A mostra máis evidente deste asentamento é o Mosteiro de Meira, cuxa construción foi custeada pola orde do Císter no século XII. Así mesmo, na documentación relativa a ese tempo, entre as propiedades monacais mencionábase xa a Vila de Goyos, precursora da actual Pontenova. O interese por este lugar estaba moi vencellado á aparición dun tipo de industria artesanal que aproveitaba a enerxía hidráulica para o seu funcionamento.
Co tempo o estamento eclesiástico perdeu o seu poder, pasando A Pontenova a converterse no fogar de familias nobres, tales como: os Pardo de Cela, os Osorio, os Losada e, especialmente, os Miranda. Precisamente, o poder que esta última tiña na zona, na que A Pontenova se sitúa, é polo que, transcorridos varios séculos, aínda se segue aludindo a ela como Terra de Miranda.
A comezos do século XIX este territorio compúñase de tres concellos: Conforto, Miranda e Vilameá. En 1845 convertéronse en dous: Vilaoudriz e Vilameá. Xusto neste momento dous fenómenos propiciaron o desenvolvemento económico das Terras de Miranda, sendo o xerme da verdadeira orixe de A Pontenova.
O primeiro factor clave foi en 1879, ano no que os primos Thomas Sidney Gilchrist e Percy Gilchrist descubriron que, revestindo o interior do convertidor Bessemer dun material refractario básico, podían eliminar o fósforo de mineral de ferro. Ata ese momento, non era económicamente viable a produción de aceiro a partir de ferro fosfórico, que abundaba na maior parte de Europa.
As minas de Vilaoudriz foron denunciadas no ano 1984, e o estado outorgou aa concesión en 1985 a varios particulares e á “Sociedad Sucesores de J.B. Rochet y Cía”, aportando o Capital Social as minas das que era concesionaria, e polas que percibe case un 31% das accións. Julio de Lazúrtegui era co-xerente desta Sociedade, e terminaría sendo o principal impulsor e primeiro presidente da “S.M.V. – Sociedad Minera de Villaodrid”, que se constitúe no ano 1900. A primeira concesión que o estado outorga directamente á “Sociedad Minera de Villaodrid” é a da Mina Eneas, en 1907.
As minas de Vilaoudriz, xunto coas de Viveiro, foron as máis importantes do Noroeste da Península Ibérica. Aínda con pequenas pausas, a súa actividade foi constante. Só durante os primeiros 11 anos de explotación embarcaron máis de 1,800.000 de toneladas de mineral en Porto Estreito, según indican os rexistros do cargadeiro.
A primeira en abrirse foi Mina Vieiro. Viría despois Mina Luisa e, ao norte desta, situábase Mina Consuelo. Finalmente, ó outro lado do río, comezou a extraerse mineral na Mina O Boulloso. Nestas minas traballábase tanto a ceo aberto como en interior.
Como se apuntou con anterioridade, o núcleo urbano atopábase dividido en dous concellos separados polo río Eo. Na parte dereita, Vilaoudriz, onde estaban as minas. E na esquerda, Vilameá, onde se ubicaban as vivendas dos mineiros e as súas familias. As menas minerales encontrábanse nas montañas. Hoxe en día pódese acceder a Mina Consuelo facendo a Ruta das Minas ou a Ruta dos Fornos.
A segunda circunstancia que favoreceu o desenvolvemento económico da comarca foi a creación da Real Fábrica de Sargadelos, no concello de Cervo. De aí sairon os ladrillos cerámicos refractarios que se usaron para a construción dos dous primeiros fornos de calcinación de Vilaoudriz e tamén os dos primeiros de Boulloso. Estes servían para levar a cabo o proceso de desfosforización dos carbonatos de ferro. Oritmo de produción nas minas levou a que se construisen 7 altos fornos- 4 no Grupo Vilaoudriz e 3 no Grupo Boulloso- ao longo de 11 anos – de 1902 a 1913-.
A importancia da actividad mineira e a necesidade de dar saída á materia prima propiciou que en 1902 se construise unha liña de ferrocarril co fin de transportar o mineral ata o cargadeiro de Porto Estreito, ubicado na entrada da ría de Ribadeo. A liña, cun metro de ancho de vía e un trazado de 34 kilómetros, discurría en paralelo ao río aproveitando o val do Eo.
O enxeñeiro que deseñou o trazado desta vía foi D. Joaquín Arriandiaga. Este proxecto foi aprobado polo Real Decreto o 17 de xaneiro de 1901 pero con matices. Para correxilos, o enxeñeiro D. José Luis Torres Vildósola, firma a memoria na que xa se reflexaba o ancho métrico como definitivo para a vía. Julio de Lazúrtegui, ademais de impulsor de la S.M.V., tamén tiña a concesión das minas de Coto Wagner e de Coto Vivaldi, no Bierzo. A súa idea era utilizar os beneficios obtidos da explotación de Vilaoudriz para prolongar a liña ferroviaria ata Ponferrada e instalar alí un complexo siderúrgico. Aproveitando a riqueza en carbón de toda esa zona, pretendía enlazar esta liña ferroviaria coa liña Ponferrada-Villablino para abrir internacionalmente o mercado dese carbón dándolle saída ó mar a través da ría de Ribadeo.
Para crear este traxecto houbo que perforar 13 túneles e levantar 6 pontes. A liña inaugurou o 10 de abril de 1903 e grazas a ela exportouse mineral a Alemaña, Inglaterra, Francia e Bélxica.
En 1905 o ferrocarril empezou a prestar servizo a viaxeiros. Isto provocou a concentración de toda a actividade industrial, social, cultural e comercial nun mesmo punto, causando que, co paso do tempo, ambos concellos – Vilaoudriz e Vilameá- se convertisen nun só: A Pontenova.
A Primeira Guerra Mundial afectou gravemente ao mercado do ferro e acarreou consecuencias negativas para as minas de Vilaoudriz. Para abaratar costes a Sociedade mineira decidiou pechar as Minas Boulloso e centralizou a súa produción no grupo de Vilaoudriz. A actividade reactivouse pouco a pouco ao rematar a guerra pero os niveis de produción nunca volveron a ser os mesmos por dúas razóns: por un lado, a chatarra da guerra era reciclada como materia prima; por outro, incorporáronse novos países ao mercado internacional como exportadores de ferro.
Os malos resultados financieros da sociedade fundadora provocaron que, en 1938 o grupo Krupp- Montana, -hoxe Thyssenkrupp AG)- se encargase da explotación das minas durante un corto período de tiempo. O fundador deste grupo alemán era aliado de Hitler e montara o su imperio a base de man de obra esclava. O seu interese na explotación mineira reducíase a evitar que os Aliados se fixeran cos depósitos de ferro para empregalos na fabricación de armas. Durante ese período, menos da metade do mineral extraído enviouse a Alemaña. A Guerra Civil e a Segunda Guerra Mundial non axudaron a que a situación mellorase e la actividade extractiva foi cada vez menos habitual. En 1964 circulou o último ferrocarril mineiro e, malia que as minas seguiron funcionando un par de anos máis a cargo dunha comunidade de antigos mineiros, a súa produción durante esa época foi totalmente irrelevante. Na actualidade los altos fornos siguen en pe, testigos da gran importancia destas terras no século pasado.
Contacto
Estrada Taramundi s/n
27720 | A Pontenova
982 342 101
turismo@concellodapontenova.org
Horarios
De martes a sábado:
De 10:00 a 14:00
De 16:00 a 19:00
Domingo:
De 10:00 a 14:00
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies
ACEPTAR