Arquitectura Civil
Hai tres factores determinantes que marcaron a arquitectura popular que podemos observar en toda esta zona: as condicións climáticas, marcadas por unha elevada pluviosidade; os recursos e materiais dos que se dispoñía; e, por último, os medios e coñecementos constructivos cos que se contaba, xa que, o máis habitual era que as vivendas fosen construídas polos propios veciños. Estas construccións, basadas nunha arquitectura racional, caracterízanse principalmente pola súa sinxeleza, firmeza e funcionalidade.
A pedra, debido as súas características de resistencia e durabilidade, así como a súa abundancia e facilidade de extracción, foi o elemento constructivo dominante en muros e alicerces. A madeira, principalmente a de carballo, foi outro dos elementos tradicionalmente moi empregados neste tipo de construccións. Empleabase básicamente para o entramado das estructuras horizontais como son: trabes, forxado do chan, etc…, tamén se empregou para erguer os tabiques interiores das vivendas, para as escaleras, así como para a construcción do baseamento do tellado sobre a que despois se asentaban as lousas de pedra e que, no seu conxunto, formaban a cuberta.