Arquitectura Relixiosa

É realmente singular a gran cantidade de mostras de arquitectura relixiosa que se levantan por todo o territorio de A Pontenova xa que, ademáis das igrexas parroquiais, a difícil orografía do terreo e, polo tanto, o illamento dos seus pobos e aldeas no pasado, propiciaron a proliferación dun grande número de pequenas capelas i ermidas.

É importante sinalar que a maioría destas igrexas e capelas atópanse pechadas (só se abren para o culto o día da festa do propio pobo) polo que, de interesar a visita ó interior das mesmas, será necesario contactar cos veciños encargados das chaves, normalmente nalgunha das vivendas máis próximas.

A Pontenova_Vilaboa-Igrexa parroquial San Xulian_01a

De entre as numerosas mostras de arquitectura relixiosa que existen, destacamos as seguintes:

Iglesia

IGREXA PARROQUIAL (SANTUARIO) DE SANTA MARÍA DE CONFORTO

Ata finais do S. XVIII, o lugar donde se alza o templo parroquial chamábase Xestoso. Alí enclavabase a igrexa primitiva, un edificio románico que foi derruido para levantar no seu lugar o Santuario actual.

En maio de 1662 comezóuse a construcción do actual Santuario, segundo planos do arquitecto e por entonces rexidor de Viveiro Diego Ibáñez Pacheco, rematándose no ano 1664.

O edificio exterior é de líñas moi sinxelas e ornamentación moi sobria.

A torre, rematada no 1744, consta de 4 corpos: a parte baixa está formada por 3 arcos de medio punto con bóvedas de aristas; o segundo corpo posúe unha fiestraxe con reixa; no terceiro corpo sitúanse as 4 campanas en 4 arcos peraltados; e o cuarto e derradeiro corpo, de forma octogonal, está rematado en forma de pirámide cubierto de lousas e aristas de cobre, escoltado con pedestal de 4 pináculos grandes de pedra ornamentada. Durante o século XIX a torre sufriu varias reformas, i en 1964 foi restaurada na súa totalidade.

A portada principal do templo está baixo a torre. É de trazado renacentista, con arcos de medio punto i está enmarcada por pilastras de estrías e friso ornamentado.

A portada sur, coñecida como Porta do Sol, é adintelada con ornamentación acodada, friso sen adornos, frontón curvo e reloxo de sol cuhna carauta de Mahoma.

A portada norte, coñecida como Porta da Lúa, é semellante á portada sur, pero sen carauta nin reloxo de sol. No sitio del, colocóuse unha imáxe pétrea da Virxe María.

Os 7 retablos que posúe o Santuario de Conforto mezclan elementos barrocos e neoclásicos.

Capela

SANTUARIO DE SAN PEDRO FIZ

Situado na Parroquia de Vilarmide, posúe unha nave rectangular con pórtico á entrada, unha capela maior con arco triunfal e sacristía na cabeceira.

No seu interior hai un retablo neoclásico do século XIX con imáxes dos séculos XVII e XVIII.

Os devotos fan as súas ofrendas, xeralmente exvotos de cera que representan as partes do corpo enfermas ou outras figuras relacionadas coa enfermidade, e lavan as partes enfermas cun pano empapado na fonte que hai próxima o santuario, despois deixan os panos colgados na vexetación que rodea a fonte.

A romaría de San Pedro Fiz celébrase o primeiro domingo de agosto.

Iglesia

SANTUARIO DA VIRXE DO CARMEN DE COVA

Está situado na Parroquia de Vilaouruz e data da segunda metade do século XVII. Posúe un retablo maior salomónico de 3 fornelos en cada piso e un incensario gótico de metal do século XVI.

A festa na honra á Virxe do Carme de Cova celébrase o derradeiro domingo de agosto.

Iglesia

IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOAN DE RECECENDE

Foi reedificada en 1769, respetándose o frontis e os tres arcos de medio punto que separaban as dúas naves existentes.

Dous dos retablos que atopamos no seu interior son do século XVII con tallas barrocas, destacando un deles por posúir un relevo da Cruz de Caravaca no medio.

Na sacristía hai unha cruz parroquial de prata con alma de madeira do século XVIII e dúas pías, unha de auga bendita e outra bautismal.

Tamén podemos atopar nesta igrexa grillóns e cadeas da Inquisición.

Iglesia

IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE VILAOUDRIZ

Aínda que foi reformada no século XVIII, algúns dos seus elementos son herdanza do románico.

Posúe nave rectangular, con capela maior máis estreita, sacristía no testeiro e pórtico na nave oposta.

En cada un dos costados da nave central asentanse dous retablos laterais e, na parte esquerda da nave, atopamos un retablo que data do último terzo do século XVI e de estilo plateresco ó igual que a talla que ocupa o seu fornelo central.

Iglesia

IGREXA PARROQUIAL DE VILABOA

A súa construcción remontase o segundo terzo do século XVIII, ó igual que os seus retablos, con algunha talla do século XVI.

Posúe tres naves separadas por arcos de medio punto sobre pilastras. Cada unha das súas naves posúe unha porta independiente que abre ó pórtico.

Destacan dous retablos laterais con columnas salomónicas i estípites, así como outro retablo de estilo barroco.

Capela

CAPELA DE NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN (A ERMIDA – VILABOA)

Trátase dunha antiga igrexa parroquial de orixe románica.

Posúe un retablo maior renacentista de dous pisos e tres fornelos do século XVI e outros dous retablos menores, un deles salomónico do século XVII.

cruceiro

CRUZ DE A GRAÑA

Este cruceiro conta cun mecanismo que o fai xiratorio.

A pesares de que o máis habitual neste tipo de monumentos é que a imaxe que figura no anverso da cruz sexa a da Virxe María, neste caso en particular, aparece a imaxe de Santa Bárbara.

Pensan os expertos que este cruceiro, ademáis de ser un elemento de protección do camiño e dos viaxeiros, cumpría tamén funcións de comunicación. Tendo en conta que é xiratorio, interpretábase que cando a figura de Xesucristo miraba para ó camiño indicaría seguridade no tempo e na viaxe; pola contra, se fose a figura de Santa Bárbara a que mirase ó camiño era sinal que anunciaba mal tempo climatolóxico e outros perigos.

Iglesia

PETO DE ÁNIMAS (O ACEBRO)

Os petos de ánimas, tal e como o seu nome indica, son “huchas” coa finalidade de recoller pequenas ofrendas e esmolas dos camiñantes destinadas ó pago de misas pola indulxencia das almas (“ánimas”) que se atopan redimindo as súas penas no Purgatorio. En compensación, unha vez liberadas esas almas, intercederán por aqueles que realizaron as ofrendas.

As esmolas no eran necesariamente de carácter estrictamente monetario, tamén podían tratarse de diferentes productos dados en ofrenda como: flores, patacas, millo, pan, aceite, mel, cera, etc….

O Peto de Ánimas do Acebro consiste nunha construcción de aspecto monumental, ubicada nunha encrucillada, a carón do Camiño Real que conducía ás Terras de Miranda.

Contacto

Estrada Taramundi s/n
27720 | A Pontenova
982 342 101
turismo@concellodapontenova.org

Horarios

De martes a sábado:
De 10:00 a 14:00
De 16:00 a 19:00

Domingo:
De 10:00 a 14:00

© Copyright 2022 Turismo A Pontenova

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies