Bases legais

BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA (para elaborar o Calendario 2022 de A Pontenova)

O Concello de A Pontenova convoca o Concurso de Fotografía “Os recunchos máis fermosos e descoñecidos de A Pontenova”, do que sairán elexidas por votación popular as 12 fotografías que comporán o calendario de A Pontenova do ano 2022.

1.- TEMÁTICA:

A temática das fotografías que se presenten a este concurso deberá versar sobre eses recunchos do concello de A Pontenova que persoalmente nos parecen os máis fermosos do mundo pero que, ao mesmo tempo, son descoñecidos para a gran maioría dos veciños e veciñas deste concello.

A finalidade principal desta iniciativa é a de dar valor e visibilidade aos numerosos recunchos, paisaxes, árbores, fervenzas, construccións tradicionais, etc… que son singulares, posúen unha indubidábel beleza estética e que podemos atopar ao longo de cada unha das 11 parroquias que conforman este concello.

2.- PARTICIPANTES:

Poderán concursar todas aquelas persoas que o desexen, estean ou non empadroadas en A Pontenova, sempre que sexan os autores das fotografías presentadas e as imaxes se axusten á temática establecida no punto anterior.

3.- FOTOGRAFÍAS:

Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías, que poderán ser en cor ou en branco e negro.

As fotografías deben respetar as seguintes condicións:

• Debido ao formato do calendario, as imáxes deberán estar en formato horizontal, e deberán enviarse nun dos seguintes arquivos dixitais (JPEG, PNG ou TIFF) cunha resolución mínima de 8MB cada imaxe.
• Ningunha fotografía poderá levar firma nin marcas de auga.
• Non se aceptarán fotomontaxes, nin fotografías que non se axusten á temática establecida no punto 1 destas bases, nin tampouco fotografías que incumplan a legalidade vixente (como por exemplo: fotografías que reflexen contidos contrarios ao dereito á honra, á intimidade persoal, etc…).

4.- PRAZO DE PRESENTACIÓN:

O prazo para presentar as fotografías ao concurso abriráse o 1 de setembro e rematará o 15 de outubro, ámbolos dous inclusive.
Deberán ser remitidas ao e-mail: turismo@concellodapontenova.org especificando no asunto do correo: “Concurso Calendario 2022 A Pontenova”, e no texto do mail: os datos persoais do autor (nome e apelidos, e-mail e teléfono de contacto) e os datos da obra (título da obra e lugar no que foi realizada).
A cada fotografía asignaráselle un número de inscripción, o cal se lle comunicará ao seu autor a través dun e-mail de confirmación.

5.- SELECCIÓN:

De entre todas as fotografías recibidas, un xurado independente formado por 2 profesionais da fotografía e nomeados polo concello, farán unha primeira escolla de 24 fotografías.
Para que este procedemento de selección de fotografías sexa o máis neutral posible, os membros do xurado non se farán públicos ata que rematen de escoller as 24 fotografías que pasarán á seguinte fase do concurso. Ademáis, o xurado escollerá esas 24 fotografías sobre o número de inscripción que se lle asignou previamente, e polo tanto, sen coñecer a identidade dos autores das fotografías que están seleccionando.

As 24 fotografías seleccionadas, posteriormente, expoñeranse públicamente a través da web oficial de turismo do concello para ser sometidas a votación popular. As 12 fotografías que reciban máis votos, serán as que finalmente aparecerán no calendario oficial de A Pontenova – ano 2022. As datas e instruccións concretas para realizar esta votación publicaránse puntualmente e coa suficiente antelación nas contas oficiais de facebook e instagram de Turismo A Pontenova.

6.- PREMIOS:

Cada un dos autores das 12 fotografías máis votadas recibirán, como agasallo, un vale regalo por valor de 50,00 € para canxear en calquera dos establecementos de A Pontenova, así como unha pequena réplica dun forno de calcinación, un dos principais símbolos da historia do noso concello.
O emprego das fotografías para a elaboración do calendario oficial de A Pontenova – ano 2022 non implicará ningún pago en metálico aos autores das obras.

7.- DISPOSICIÓNS XERAIS: DEREITOS DE REPRODUCCIÓN.

Os autores das 12 fotografías máis votadas cederán todos os dereitos a favor do Concello de A Pontenova para a súa publicación no calendario do ano 2022, nas dúas versións: dixital e impresa.
Cando se elabore o calendario, ao pe de cada imaxe, figurará tanto o título coma o autor de cada fotografía.
Coa participación neste concurso, os participantes aseguran que son autores das imáxes presentadas e posúen os dereitos das mesmas, responsabilizándose de que non existen dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe.

8.- PROTECCIÓN DE DATOS:

O responsable do tratamento dos datos persoais será a Oficina de Información Turística de A Pontenova, a cal empregará estos datos exclusivamente para este concurso de fotografía.
Comunicación de datos: Non se comunicarán datos a terceiros, salvo obligación legal.
Dereitos que asisten ao interesado: Dereito a retirar o consentemento en calquera momento; dereito de acceso, rectificación e suspensión dos seus datos e a limitación ou oposición ao seu tratamento.
Datos de contacto para exercer o seu dereito: a través do correo turismo@concellodapontenova.org xunto coa fotocopia do DNI e indicando no asunto do correo: “PROTECCIÓN DE DATOS”.

A PARTICIPACIÓN NESTE CONCURSO SUPÓN A TOTAL ACEPTACIÓN DAS BASES DO MESMO. NON SE ADMITIRÁ RECURSO ALGÚN SOBRE A NON ADMISIÓN DE OBRAS, NIN CONTRA O FALLO DO XURADO, NIN CONTRA ESTAS BASES E A SÚA TRAMITACIÓN.

Contacto

Estrada Taramundi s/n
27720 | A Pontenova
982 342 101
turismo@concellodapontenova.org

Horarios

De martes a sábado:
De 10:00 a 14:00
De 16:00 a 19:00

Domingo:
De 10:00 a 14:00

© Copyright 2022 Turismo A Pontenova

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies