Bases legais do concurso

Organización

Turismo de A Pontenova organiza o concurso de fotografías de Entroido da Pontenova.

Participantes

Poderá participar calquera persoa residente en España.

Como participar

Subindo unha imaxe a través da app do concurso, na categoría a participar.

Prazo de validez do sorteo

O concurso estará activo ata o 2 de marzo ás 17:00 horas.

Data de publicación das persoas ganadoras

As 4 fotografías ganadoras serán as máis votadas por categoría  e comunicarase o 2 de marzo, na páxina do concurso, en Facebook e na conta de Instagram de Turismo de A Pontenova.

Premios

Categoría Individual Adultos: Bono para 2 persoas, visita a Mina Consuelo con baixada ao nivel -1.

Categoría Individual Infantil: Pase para 5 lances para os/as nenos/as pola tirolina infantil.

Categoría Grupal Adultos: Bono para 2 persoas para
lanzarse pola tirolina xigante.

Categoría Grupal Infantil: Pase para 5 lances para os/as nenos/as pola tirolina infantil.

Entrega dos premios

Ás persoas que resulten gañadoras enviaráselles un bono-regalo cun código que deberán teclear cando queiran facer a reserva para facer a actividade cando eles elixan.

Cláusulas específicas

Aceptación das bases

A participación no sorteo supón a aceptación expresa do participante das bases do sorteo, así como do clausulado.O incumprimento de calquera destas bases por parte do participante, determinará a súa descalificación.

Protección de Datos

Os datos dos participantes trataranse conforme ás disposicións do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das personas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais. A indicación dos datos persoais do ganador terá carácter obrigatorio para a xestión do premio.

Funcionamento do concurso

“Turismo de A Pontenova”. resérvase o dereito a modificar algunha cláusula ou condicións do sorteo, sempre e cando se deba a un funcionamento incorrecto do mesmo e que o obxectivo sexa correxilo. Facebook e Instagram non patrocinan, nin avalan, nin administran, nin están asociados de forma algunha con este sorteo.

Contacto

Estrada Taramundi s/n
27720 | A Pontenova
982 342 101
turismo@concellodapontenova.org

Horarios

De martes a sábado:
De 10:00 a 14:00
De 16:00 a 19:00

Domingo:
De 10:00 a 14:00

© Copyright 2022 Turismo A Pontenova

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies