“Organizamos estas festas con toda a ilusión e cariño esperando que todo os veciños e visitantes desfruten delas e marquen un novo referente nesta celebración. “
Veteranos xa como comisión de festas de As San Lucas de A Pontenova, este ano nos sorprenden con un cartel por todo o alto para esta fin de semana.
¿ Por que decistedes un ano máis tomar a iniciativa da organización das San Lucas 26?
Por a satisfacción de ver o pobo desfrutar, encherse de vida e manter unha tradición que vencella moi da man cas nosas raíces.
Xa non solo por as “San Lucas” en sí, senón tamén pola homenaxe a tradición mineira.
A Queima dos Fornos convertiuse xa en un emblema recoñecido a nivel de toda a nosa Comunidade Autónoma.
¿ Que novidades imos atopar nesta edición?
Sen dúbida que non é novidade como tal, pero sí no formato o Tardeo. Buscamos encher a axenda con un formato de actividades que chegue a todos os públicos e cubra os gustos de todos os veciños e visitantes que se acheguen.
Contaremos con un vermouth “non stop” durante a xornada do domingo, que enlazará xa directamente ca verbena.
Por o demais nos mantemos fieles o formato de sempre, pero intentando contar co mellor da cartaleira e algunha sorpresiña que incorporaremos.
Este ano contaremos ademáis para comezar as xornadas e amenizar a xornada dende cedo con Batuk- EO e A Chocolateira. Que nos podedes contar de estas iniciativas?
Batuk- Eo é un grupo de percusión y batucada creado e formado por veciños do pobo. Unha forma diferente de divertirse, dinamizar e compartir…. Podedes seguirnos nas redes para coñecer máis sobre nos. Comezamos fai pouco pero esperamos que teña longo recorrido. Cabe destacar que a súa participación é totalmente desinteresada.
A Chocolateira trátase de unha asociación que traballa da man coa asociación asociación local Eco das Minas, que traballan por a recuperación e difusión do folclore, os cantos de taberna e os bailes tradicionais galegos. Levan a cabo ademáis varias actividades culturais.
¿ Que é o que máis destacaríades de este cartel?
A calidade do cartel musical co que contamos.
Propostas musicais para todos os gustos. Un cartel que está pensado para todos os públicos e para que niguén se aburra.
A programación continua que temos organizada tamén outro plus en esta edición.
¿ Como notades a resposta por parte do pobo e cal fou a acollida da programación?
Moi boa en xeral.
Notamos o cariño e agradecemento por o esforzo, e que a xente é consciente do mesmo. Eso para nos xa é unha recompensa.
¿ Cal é o toque diferente que queredes darlle a esta edición?
Que sexa de todos, que se sinta e viva como pobo, comunidade e sobre todo que se desfrute.
¿ Que foi o máis duro de toda a organización?
O tempo. Levamos máis dun ano adicado… son moitas horas sacrificadas da vida personal, pero como decíamos antes a recompensa de ver vibrar o pobo é o que nos levamos.
Os nervios porque todo salga ben , os imprevistos de última hora….
É duro pero sen dúbida vale a pena.
Por parte da organización unha mensaxe para animar a participar de esta fin de semana e os festexos todos programados….
Que se o perdedes, seguro os arrepentiredes . Son de esos momentos, sobre todo A Queima dos Fornos , que deben vivirse unha vez na vida.

Comentarios recientes