“Organizamos estas festas con toda a ilusión e cariño esperando que todo os veciños e  visitantes desfruten delas e marquen un novo referente nesta celebración. “

Veteranos xa como comisión de festas de As San Lucas de A Pontenova, este ano nos sorprenden con un cartel por todo o alto para esta fin de semana.

 

¿ Por que decistedes un ano máis tomar a iniciativa da organización das San Lucas 26?

Por a satisfacción de ver o pobo desfrutar, encherse de vida e manter unha tradición que vencella moi da man cas nosas raíces.

Xa non solo por as “San Lucas” en sí, senón tamén pola homenaxe a tradición mineira.

A Queima dos Fornos convertiuse  xa en un emblema recoñecido a nivel de toda a nosa Comunidade Autónoma.

 

¿ Que novidades imos atopar nesta edición?

 

Sen dúbida que non é novidade como tal, pero sí no formato o Tardeo. Buscamos encher a axenda con un formato de actividades que chegue a todos os públicos e cubra os gustos de todos os veciños e visitantes que se acheguen.

Contaremos con un vermouth “non stop” durante a xornada do domingo, que enlazará xa directamente ca verbena.

Por o demais nos mantemos fieles o formato de sempre, pero intentando contar co mellor da cartaleira e algunha sorpresiña que incorporaremos.

 

Este ano contaremos ademáis para comezar as xornadas e amenizar a xornada dende cedo con Batuk- EO e  A Chocolateira. Que nos podedes contar de estas iniciativas?

Batuk- Eo é un grupo de percusión y batucada creado e formado por veciños do pobo. Unha forma diferente de divertirse, dinamizar e compartir…. Podedes seguirnos nas redes para coñecer máis sobre nos. Comezamos fai pouco pero esperamos que teña longo recorrido. Cabe destacar que a súa participación é totalmente desinteresada.

A Chocolateira trátase de unha asociación que traballa da man coa asociación asociación local Eco das Minas, que traballan por a recuperación e difusión do folclore, os cantos de taberna e os bailes tradicionais galegos. Levan a cabo ademáis varias actividades culturais.

 

¿ Que é o que máis destacaríades de este cartel?

 

A calidade do cartel musical co que contamos.

Propostas musicais  para todos os gustos. Un cartel que  está pensado para todos os públicos e para que niguén se aburra.

A programación continua que temos organizada tamén outro plus en esta edición.

 

¿ Como notades a resposta por parte do pobo e cal fou a acollida da programación?

Moi boa en xeral.

Notamos o cariño e agradecemento por o esforzo, e que a xente é consciente do mesmo. Eso para nos xa é unha recompensa.

 

¿ Cal é o toque diferente que queredes darlle a esta edición?

 

Que sexa de todos, que se sinta e viva como pobo, comunidade e sobre todo que se desfrute.

 

¿ Que foi o máis duro de toda a organización?

O tempo. Levamos  máis dun ano adicado… son moitas horas sacrificadas da vida personal, pero como decíamos antes a recompensa de ver vibrar o pobo é o que nos levamos.

Os nervios porque todo salga ben , os imprevistos de última hora….

É duro pero sen dúbida vale a pena.

 

Por parte da organización unha mensaxe para animar a participar de esta fin de semana e os festexos todos programados….

Que se o perdedes, seguro os arrepentiredes . Son de esos momentos, sobre todo A Queima dos Fornos , que deben vivirse unha vez na vida.

Write a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *

0 / 10