Moitos meses, é o traballo de numerosas persoas. Dende a xestión dos aloxamentos (que non é para nada sinxela), a loxística, coches que leven aos pescadores ao río… temos a sorte de contar con moitos colaboradores.
A motivación de seguir mellorando e que cada ano a festa teña máis repercusión, que se fale de A Pontenova. Vender o río Eo, A Pontenova e a festa da troita en xeral. Aporta moita dinamización ao concello.
Un motivo de orgullo tamén é que repiten moitos pescadores ano tras ano.
A primeira edición formouse cun concurso de pesca a cucharilla, por un grupo de amigos. E logo fumos crecendo con novos concursos, abarcando case todas as modalidades de pesca que se poden ter hoxe en día. Pero a esencia da paixón pola pesca mantense.
O papeleo, documentación, limpar o río (o concello axuda moito tamén), xa que só somos un equipo de 10 persoas e sós sería imposible e chegar ás cotas nas que estamos agora mesmo.
Cos recoñecementos que imos conseguindo. Festa declarada de Interese Deportivo Nacional, Mellor Evento Deportivo de España 2022 ou que sexamos Festa de Interese Turístico. Aaxúdanos a seguir loitando para que acade un maior recoñrecemento cada ano. E creo que o estamos conseguindo, porque os recoñecementos que estamos logrando non son sinxelos e é o traballo de moita xente.
Todos os anos intentamos que resulte diferente. O ano pasado conseguimos crear a troita máis grande do mundo, este ano unha exhibición de pesca polo medio do pobo. Con 4 campións do mundo. E vai ser radiada por 2 profesionais da radio, narrando as evolucións da exhibición en directo (é algo único!).
Son moitos e moitas anécdotas. O ano pasado, a filla de Félix Rodriguez de La Fuente e foi o primeiro pregón que deu. Xavier Fortes, Miguel Ángel Revilla, que tamén dará o pregón deste ano. Nese aspecto, pensamos que estamos cumprindo coas expectativas.
Contacto
Estrada Taramundi s/n
27720 | A Pontenova
982 342 101
turismo@concellodapontenova.org
Horarios
De martes a sábado:
De 10:00 a 14:00
De 16:00 a 19:00
Domingo:
De 10:00 a 14:00
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies
ACEPTAR