Ferrería – Artesanía

As ferrerías son un valioso testemuño do tipo de instalacións siderúrxicas hidráulicas tradicionais que empregaban o forno baixo para a reducción directa do mineral de ferro, e que foron as precursoras dos altos fornos do S. XIX. Formaban parte dun tipo de industria rural que aproveitaba unha serie de recursos básicos para o seu funcionamento: a forza da auga dos ríos para mover os enxeños hidráulicos, amplas zonas forestais dos que obter o carbón vexetal co que reducir o mineral de ferro e, por último, as veneiras ou minas de ferro das que extraer a materia prima coa que elaborar o ferro forxado.

O maior desenrolo desta actividade prodúcese entre os séculos XVI o XIX, pois é entón cando se leva a cabo unha especialización e división do traballo realizado nestas instalacións hidráulicas, diferenciando entre ferrerías maiores (as ferrerías propiamente ditas) e ferrerías menores (os mazos ou machucos). Mentras nas primeiras, os ferróns reducían o mineral de ferro para transformalo en ferro forxado e aceiro, nas segundas, os ferreiros estiraban ese ferro xa forxado para convertilo en ferramentas e apeiros domésticos.

A Ferrería de Bogo, tamén coñecida como Ferrería de Vilaboa, é un bo exemplo deste tipo de instalacións siderúrxicas preindustriais.

Está situada a carón do río Reigadas (de donde obtíña a forza hidráulica para mover os foles e o mazo), en pleno corazón da Fraga de As Reigadas (de esta masa forestal obtíña o carbón vexetal necesario para poder reducir o mineral de ferro) e moi próxima aos xacementos de ferro coñecidos como “As Veneiras” (de donde, case con total seguridade, sacou a maior parte do mineral de ferro que empregou como materia prima).

Aínda que a primeira proba documentada sobre esta ferrería data de 1537, algúns historiadores indican que os comezos desta ferrería remontanse o ano 1534. Existe tamén documentación sobre unha ferrería máis pequena e antiga situada no mesmo lugar donde se atopa a actual e da que non se conserva ningún vestixio.

Na documentación do Catastro de Ensenada (mediados do S. XVIII) constan 2 mazos situados no lugar de Machuco, moi próximos a ferrería de Bogo (ou de Vilaboa) e dos cales aínda podemos observar as ruínas dun deles, o que ven a corroborar o xa comentado sobre a especialización do traballo que se realizaba por un lado na ferrería e por outro nos mazos ou machucos.

Contacto

Estrada Taramundi s/n
27720 | A Pontenova
982 342 101
turismo@concellodapontenova.org

Horarios

De martes a sábado:
De 10:00 a 14:00
De 16:00 a 19:00

Domingo:
De 10:00 a 14:00

© Copyright 2022 Turismo A Pontenova

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies