Ainda que existen infinidade de pequenos xacementos de mineral de ferro de orixe sedimentario repartidos por todo o territorio, son as zonas máis próximas a conca do río Eo en donde se desenrolou a mineralización do ferro a maior escala. En concreto, os maiores e máis antigos depósitos de ferro localizábanse en Vilaoudriz, na zona de contacto entre as cuarcitas masivas das “Capas del Eo” e as chamadas “Pizarras de Luarca”, dentro dunha estructura xeolóxica con forma de U coñecida como “Sinclinal de Vilaoudriz”. A mineralización desta clase de ferro levouse a cabo fai uns 450 millóns de anos, no Ordovícico Medio-Superior, dentro da Era Paleozoica.
Estas minas de Vilaoudriz (A Pontenova), xunto as de Viveiro, foron as minas de ferro máis grandes de Galicia, e o mineral extraído delas foi dos primeros en operar no mercado internacional do ferro polo que, dada a súa importancia, figuran en todos os catálogos e mapas xeolóxico-mineiros modernos a nivel nacional e internacional; entre eles, figuran tamén no recente Mapa de Patrimonio Mineiro de Galicia.
Contacto
Estrada Taramundi s/n
27720 | A Pontenova
982 342 101
turismo@concellodapontenova.org
Horarios
De martes a sábado:
De 10:00 a 14:00
De 16:00 a 19:00
Domingo:
De 10:00 a 14:00
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies
ACEPTAR