A XLV edición da Festa da Troita da Pontenova contará cunha exhibición de Pesca a Mosca, que se celebrará o xoves 1 de maio, ás 12.00 horas no tramo libre sen morte de A Pontenova.
Pero non será a única novidade, xa que desenvolverá un programa con actividades para todos os públicos, con música e gastronomía.
O que si sabemos é quen serán os agraciados coas “Troitas de Ouro”, que entrega o CIT da Pontenova a persoas e entidades que se distinguen polo seu compromiso coa pesca e a promoción dos seus valores.
A primeira será outorgada a Said Yahiaoui Mohamed, profesor de Economía pola Universidade de Lyon que competiu en torneos de alto prestixio en Francia durante os anos 1991 e 1993, chegando a ser capitán da selección francesa de pesca con mosca entre 1996 e 2013.
A segunda Troita de Ouro será para a Sociedade Deportiva Río Ulla que, ademais de forxar fortes lazos con A Pontenova en defensa da pesca, contan cos únicos campionatos de pesca de salmón de España.
A terceira Troita de Ouro concederase ao programa de radio “Río de la Vida” que aposta pola pesca e os seus valores. E a cuarta, será entregada ao Concello de Ponte Caldelas que tamén organiza unha “Festa da Troita” desde moitos anos e é un dos referentes a nivel nacional.
Por último, destacar que a “Festa da Troita da Pontenova 2025” contará con Miguel Ángel Revilla como pregoeiro; ex-presidente de Cantabria, economista, profesor, escritor e un apaixonado da pesca. Como homenaxe, tamén será distinguido coa Troita de Ouro da Festa.
Contacto
Estrada Taramundi s/n
27720 | A Pontenova
982 342 101
turismo@concellodapontenova.org
Horarios
De martes a sábado:
De 10:00 a 14:00
De 16:00 a 19:00
Domingo:
De 10:00 a 14:00
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies
ACEPTAR