Se hai algo que caracteriza as rutas de sendeirismo de A Pontenova é que son totalmente diferentes unhas de outras.
En cada unha das rutas hai un atractivo diferente respecto o do resto:
• Se o que buscamos é facer unha ruta moi sinxela para desfrutar en familia cos nenos, podendo facela tanto a pé como en bicicleta, decantarémonos pola Ruta do Ferrocarril.
• Se o que queremos é sumerxirnos na historia do noso pobo vendo in situ as diferentes instalacións mineiro-industriais que aínda se conservan; ou queremos ir en busca de aventura, atravesando a imponente entrada de Mina Consuelo, debemos facer a Ruta dos Fornos ou a Ruta das Minas.
• Se o que nos chama é o contacto máis directo coa natureza, poderemos escoller entre a Ruta de As Reigadas (se só buscamos o contacto coa natureza adentrándonos no corazón desta inmensa fraga), ou a Ruta da Seimeira (se, ademáis de natureza, queremos ver tamén a arquitectura tradicional dun dos pobos con máis encanto desta zona: Vilarxubín).
• Se, pola contra, queremos ver unha fervenza enclavada nun entorno cheo de árbores senlleiras, pero non queremos camiñar moito, a nosa elección será a Ruta da Férrea.
Contacto
Estrada Taramundi s/n
27720 | A Pontenova
982 342 101
turismo@concellodapontenova.org
Horarios
De martes a sábado:
De 10:00 a 14:00
De 16:00 a 19:00
Domingo:
De 10:00 a 14:00
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies
ACEPTAR