Mil e unha historias nas nosas rutas

Cada unha das nosas rutas de sendeirismo conta unha historia diferente.

A Ruta do Ferrocarril amósanos a historia e o percorrido que facía o único tren mineiro que existiu en Galicia, construido entre 1901 e 1903 para dar saída hacia o mar Cantábrico aos minerais extraídos nas Minas de ferro de Vilaoudriz.

A Ruta das Minas amósanos, sen alteracións, o entorno no que aqueles mineiros de principios do século XX levaron a cabo o seu traballo e que, con moito esforzo e sacrificio, conseguiron extraer con éxito os minerais ocultos nas entrañas desta terra.

A Ruta dos Fornos amósanos cómo eran os fornos e o proceso de calcinación que neles se realizaba para eliminar o fósforo contido nos carbonatos de ferro, facéndoos así, aptos para a súa transformación en aceiro nas grandes siderúrxias de Inglaterra e Alemania aos que se destinaban.

A Ruta da Férrea amósanos cómo o rego de A Férrea sortea a difícil orografía da zona pola que discorre salvando o gran desnivel que existe mediante dous grandes saltos de agua simultáneos de uns 7 ou 8 metros cada un.

A Ruta de As Reigadas e a Ruta da Seimeira, amósannos cómo eran antes os montes en Galicia (coñecidos como Fragas por posuir únicamente árbores autóctonas) antes de que a chegada doutras especies foráneas de crecemento máis rápido cambiase por completo a fisionomía dos nosos montes.

Contacto

Estrada Taramundi s/n
27720 | A Pontenova
982 342 101
turismo@concellodapontenova.org

Horarios

De martes a sábado:
De 10:00 a 14:00
De 16:00 a 19:00

Domingo:
De 10:00 a 14:00

© Copyright 2020 Turismo A Pontenova

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies