Mil e unha paisaxes no mesmo percorrido

Temos a opción de percorrer algunha das nosas rutas varias veces ó longo do ano sen que nos dé a impresión de estar repetindo itinerario. Aínda que o percorrido físico será o mesmo, atoparémonos cunha ruta totalmente diferente en cada estación do ano.

Tal é o caso, por exemplo, da Ruta de As Reigadas: Durante a primavera, poderemos contemplar unha explosión multicolor provocada polas numerosas e moi variadas clases de flores silvestres que aquí afloran nesta época do ano. Durante o verán, a inmensa Fraga de As Reigadas amparará o camiñante do rigoroso sol desta época baixo a súa refrescante sombra. Durante o outono, será a mesma fraga quen nos seduzca cos seus tons ocres, dourados, marróns e verdes. Ademáis, ó ser esta unha época de abundantes choivas, tanto o propio río Reigadas como as fervenzas que nel atoparemos amosarannos a súa versión máis espectacular. Durante o inverno, dado que a ruta discorre por zonas altas nas que é moi común que se formen bancos de néboa e dado que as árbores que conforman a fraga son de folla caduca, facer esta ruta entre a néboa mentras se adiviñan os esqueletos das árbores espidas de toda folla é un auténtico espectáculo para os sentidos.

Contacto

Estrada Taramundi s/n
27720 | A Pontenova
982 342 101
turismo@concellodapontenova.org

Horarios

De martes a sábado:
De 10:00 a 14:00
De 16:00 a 19:00

Domingo:
De 10:00 a 14:00

© Copyright 2022 Turismo A Pontenova

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies