Ata que, en 1877, os curmáns Thomas Sydney e Percy Gilchrist non melloraron o convertedor Bessemer revestíndoo con algunha substancia básica como a dolomía ou a magnesita, que poidese absorver os óxidos de fósforo ácidos o soprar o aire a través do ferro candente, non se puideron explotar comercialmente as vetas de ferro fosfórico que existían de forma maioritaria en Europa. (Dado que o fósforo é moi prexudicial para a fabricación do aceiro xa que o fai crebadizo, mentras non se puido eliminar eficientemente o fósforo da veta do mineral, non foi viable a súa explotación industrial).
Grazas a este avance, as vetas de ferro fosfórico que existían no denominado Sinclinal de Vilaoudriz, xa podían explotarse comercialmente.
Así en 1895, un ano despois de ser denunciadas, outorgase a concesión das minas a “Sociedad Sucesores de J.B. Rochet y Cía.” O 17 de marzo de 1900 constitúese por tempo indefinido a “Sociedad Minera de Villaodrid” (SMV), cun Capital Social inicial de 4,000.000 de pesetas, e na que participa a propia “Sociedad Sucesores de J.B. Rochet y Cía.” aportando as minas das que era concesionaria.
Estas minas dividíronse en 2 grupos diferentes: por un lado, o grupo de minas de Vilaoudriz (chamadas “Vieiro”, “Luisa” i “Eneas”) e, por otro, o grupo de minas de Boulloso (chamadas “Consuelo” e “Boulloso”)
Cada grupo de minas, debido a súa separación, contou coa sua propia batería de fornos de calcinación para poder procesar os carbonatos de ferro que se iban sacando delas.
Para dar saída o mineral, entre os anos 1901 e 1903 constrúese unha líña de ferrocarril de vía métrica que conecta as minas de Vilaoudriz co cargadoiro de Porto Estreito, situado a entrada da ría de Ribadeo.
O destino principal do ferro extraído das minas de Vilaoudriz era básicamente Alemania e Gran Bretaña e, en menor medida, Bélxica e Francia, polo que a SMV foi das primeiras compañías mineiras participadas na súa totalidade por capital nacional (os seus inversores eran casi todos vascos) que operou no mercado internacional do ferro.
A partires do 5 de agosto de 1905, unha vez que se rematan de construir as 4 estacións de tren: “Villaodrid”, “San Tirso”, “Porto-Vega” e “Ribadeo”, o tren deixa de ser exclusivamente mineiro e comeza a prestar tamén servizo de transporte de viaxeiros e mercadorías.
Despois de pasar por diferentes etapas o longo dos anos nos que o tren estivo en activo, no 1964 deixa de prestar definitivamente todo tipo de servizos, e o 15 de agosto do ano seguinte, “Explotación de Ferrocarriles por el Estado” (o que posteriormente se transformou en FEVE) fixose cargo da líña para proceder o seu total desmantelamento.
Contacto
Estrada Taramundi s/n
27720 | A Pontenova
982 342 101
turismo@concellodapontenova.org
Horarios
De martes a sábado:
De 10:00 a 14:00
De 16:00 a 19:00
Domingo:
De 10:00 a 14:00
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies
ACEPTAR