Pesca

Un dos grandes alicientes turísticos de A Pontenova é o río Eo, que atravesa o concello de Sur a Norte. Unha cunca do río extensa e a existencia de escalas eficientes permitiron que o salmón no río Eo poida remontar e atope boas zonas de cría, polo que históricamente é un dos ríos salmoneiros
máis importantes da península.

Durante moitos anos considerouse o río Eo como o máis salmoneiro de España. A comezos do século XX era tal a súa abundancia que eran habituais as protestas dos traballadores e xornaleiros da comarca para que, nas comidas, non se lles servise salmón máis que unha vez por semana. Hoxe en día non existe esa abundancia, pero aínda mantén o seu posto privilexiado en canto a pesca desta especie.

festatruita
AulaInterpretación copia

Aula de interpretación da pesca de salmónidos:

Esta aula nace por iniciativa dun grupo de pescadores, entre eles o xornalista Miguel Piñeiro, que consideraron que A Pontenova ostenta a Capitalidade da Pesca Galega polo que sería o lugar máis axeitado para amosar non só a cantidade se non sobre todo a calidade das pezas nela reunidas.

Situada no segundo andar da propia Oficina de Turismo de A Pontenova, esta aula atesoura diverso material relacionado coa pesca de salmónidos, é dicir, relacionado coa pesca do salmón, a troita e o reo.

Nela poderemos observar a colección de “riscos” máis importante de Galicia. Os “riscos” son cebos únicos no mundo, feitos artesanalmente e que se empregaban ó anoitecer na pesca do reo.

Atopamos tamén composicións feitas polos mellores montadores de moscas como: Belarmino Martínez, Angel Cancelo, Francisco Porto, Xaquín Lorenzo, Noelia Gayoso, José Antonio Vinuesa,… ; peixes artificiais de Jaime Taboada; insectos artificiais de Vicente Longo; etc…

Hai pezas que son verdadeiras xoias como una cana de bambú do año 1900, varios carretes de madeira de 1910, canas moi antigas de marcas de recoñecido prestixio como Avu Svangsta, Carswell, Hardy, … así como carretes Sagarra, Crack, Mitchell, etc…

O valor didáctico, histórico-etnográfico e cultural desta aula é moi alto polo que atrae non só aos grandes entendidos da pesca fluvial se non tamén a numerosos curiosos que desexan ver i entender de primeira man para qué servían os diferentes trebellos que aquí se expoñen.

RefuxioPesca copia

Refuxio de pesca de Salmeán / cotos de pesca

O Centro de Precintaxe de Salmóns oficialmente establecido no tramo do río Eo ao seu paso por A Pontenova está situado en Salmeán.

En canto aos Cotos de Pesca dos que dispoñemos, podemos clasificalos da seguinte forma:

A.- Cotos de Salmón e Reo Ordinario:

1.- Coto de A Pontenova – LOTE 2: Tramo de 1,7 Km que fixa o seu límite superior en A PENOUTA (A Pontenova) e o límite inferior en A PONTE DE ERVELLE (A Pontenova).

2.- Coto de A Pontenova – LOTE 3: Tramo de 1,5 Km que fixa o seu límite superior en A PONTE DE ERVELLE (A Pontenova) e o límite inferior en A PONTE DO CAIRO (A Pontenova e Principado de Asturias).

3.- Coto de A Pontenova – LOTE 4 (O Cairo): Tramo de 1,7 Km que fixa o seu límite superior en A PONTE DO CAIRO (A Pontenova e Principado de Asturias) e o límite inferior no REGATO DE VILAOURUZ (A Pontenova e Principado de Asturias).

4.- Coto de Salmeán – LOTE 1: Tramo de 0,8 Km que fixa o seu límite superior na PRESA DE XINZO (A Pontenova) e o límite inferior na PRESA DE LOSADA (A Pontenova).

5.- Coto de Salmeán – LOTE 2: Tramo de 1,6 Km que fixa o seu límite superior na PRESA DE LOSADA (A Pontenova) e o límite inferior na PASARELA DO REFUXIO (A Pontenova).

B.- Cotos de Reo Ordinario:

1.- Coto de Xinzo: Tramo de 9,2 Km que fixa o seu límite superior na PONTE DE VILARMIDE (A Pontenova e Riotorto) e o límite inferior na PRESA DE XINZO (A Pontenova).

C.- Cotos Ordinarios:

1.- Coto de Vilarmide: Tramo de 6,9 Km que fixa o seu límite superior na PASARELA DE A VOLTA DA TEIXEIRA (Ribeira de Piquín) e o límite inferior na PONTE DE VILARMIDE (A Pontenova e Riotorto).

D.- Cotos Sen Morte (captura e solta):

1.- Coto de A Pontenova – LOTE 1: Tramo de 1,8 Km que fixa o seu límite superior en A PONTE DO PICO (A Pontenova) e o límite inferior en A PENOUTA (A Pontenova).

2.- Coto de A Pontenova – LOTE 5 (Pedrido): Tramo de 1,5 Km que fixa o seu límite superior no REGATO DE VILAOURUZ (A Pontenova e Principado de Asturias) e o límite inferior na PRESA DE PÉ DE VIÑA (Trabada e Principado de Asturias).

E.- Tramos libres Sen Morte (captura e solta):

1.- A Pontenova: Tramo de 0,9 Km que fixa o seu límite superior na PONTE QUE UNE A N-640 COA AV. DE VILAOUDRIZ (A Pontenova) e o seu límite inferior en A PASARELA DO PICO (A Pontenova).

F.- Tramos libres Con Morte:

1.- A Pontenova: Tramo de 2,8 Km que fixa o seu límite superior na PASARELA DO REFUXIO de Salmeán (A Pontenova) e o seu límite inferior en A NOVA PONTE DE A PONTENOVA (A Pontenova).

Contacto

Estrada Taramundi s/n
27720 | A Pontenova
982 342 101
turismo@concellodapontenova.org

Horarios

De martes a sábado:
De 10:00 a 14:00
De 16:00 a 19:00

Domingo:
De 10:00 a 14:00

© Copyright 2022 Turismo A Pontenova

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies