O Eo é un río alegre e bulideiro que atravesa A Pontenova lonxitudinalmente de sur a norte. Quizáis por iso, ocupou sempre un lugar privilexiado no día a día dos seus habitantes: A carón do río edificouse o núcleo urbano de A Pontenova; no río xogaron e aprenderon a nadar varias xeracións de veciños e veciñas; o río foi durante moitos anos proveedor de alimento, e tamén punto de encontro de afeccionados a pesca fluvial de salmónidos.
Seguindo o curso do río Eo ó seu paso por A Pontenova atoparemos varias praias fluviais así como unha serie de espazos equipados nos que poder organizar un picnic, pasar un día en familia ou con amigos, tomar un baño ou simplemente pararse a descansar mentras se escoita o tranquilo discorrer da auga.
PRAIA FLUVIAL DE “O POZO DA OLA”
Trátase da praia fluvial máis coñecida e visitada xa que se sitúa dentro da malla urbana de A Pontenova. Está dotada con bancos e mesas, asadores e todas as comodidades para disfrutar dun agradable día a carón do río.
PRAIA FLUVIAL DE SALMEÁN
Situada moi preto do Centro de Precintaxe de Salmóns (o antigo refuxio de pescadores de Salmeán), dispón dunha pasarela que cruza o río Eo, a cal, a súa vez, marca o límite inferior do Lote 2 correspondente o Coto de Pesca de Sameán.
PRAIA FLUVIAL DE “O FONDÓN”
Situada na área recreativa do mesmo nome, destaca pola súa riqueza paisaxística, cun amplo bosque e vexetación típicas das zonas de ribeira.
Está dotada de numerosos servizos como: zona de aparcadoiro, aseos, bancos e mesas, asadores e unha pequena zona habilitada como parque infantil, o que fai desta praia fluvial o sitio idóneo para disfrutar tranquilamente dunha xornada de lecer.
MERENDEIRO DE VEIGA DA PADA
Que esté situado en pleno percorrido da “Ruta do Ferrocarril”, fai deste merendeiro o mellor lugar para deterse a tomar un refrixerio e recuperar folgos antes de proseguir a marcha ata o final da ruta.
MERENDEIRO DE ERVELLE
O mesmo que o merendeiro de Veiga da Pada, está situado no percorrido da “Ruta do Ferrocarril” e a carón do Lote 2 do Coto de Pesca de A Pontenova polo que, durante a tempada de pesca, é fácil observar dende ahí aos pescadores probando sorte na captura do salmón.
Contacto
Estrada Taramundi s/n
27720 | A Pontenova
982 342 101
turismo@concellodapontenova.org
Horarios
De martes a sábado:
De 10:00 a 14:00
De 16:00 a 19:00
Domingo:
De 10:00 a 14:00
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies
ACEPTAR