Trátase da ruta máis curta de todas as que temos neste concello. Conduce a fervenza de “A Férrea” en plena fraga do Muradal e moi preto do casco urbano de A Pontenova.
Esta fervenza, alimentada polo rego de A Férrea, ten 2 saltos de auga, duns 7 ou 8 metros de altura cada un. Poderemos deixar o coche a tan só 300 metros do segundo salto da fervenza, é dicir a parte baixa, a donde
poderemos acceder sen moita dificultade.
Para acceder á parte alta da fervenza, deberemos cruzar a pequena ponte de madeira para salvar o rego e despois subir en zigzag pola ladeira da fraga. O traxecto para acceder a esta parte alta da fervenza, aínda que curto, é moi empinado, e durante o percorrido teremos que subir por unha escaleira de madeira para salvar as ruinas do antigo “Muiño do Muradoiro” e continuar paralelos a canle pola que se desviaba a auga hacia o mencionado muíño ata acadar a fervenza na súa parte máis alta.