Trátase dunha ruta circular chamada así porque, ademáis de visitar todos os elementos que podemos ver
na “Ruta dos Fornos”, durante o seu percorrido pisaremos tamén o terreo en donde se sitúan as galerías das minas “Vieiro” i “Eneas” do grupo “Villaodrid”, e as minas “Consuelo” e “Boulloso” do grupo “Boulloso”.
Ó longo desta ruta, que discorre na súa meirande parte do seu percorrido paralela o curso do río Turía, poderemos tamén observar a capela de Pacios (adicada o mártir San Lourenzo), a Iglexa Parroquial de Santa María de Conforto (Santuario Mariano de grandes proporcións que se comezou a construir no ano 1662), así como as entidades de poboación de Pacios, Conforto, San Mamede e Boulloso.