Esta ruta lineal que discorre por camiños denominados “de pescadores”, atópase ubicada dentro da área de “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”, declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO en 2007 e incluída dentro do LIC Carballido.
O seu percorrido discorre seguindo o curso do Río Reigadas e algún dos seus numerosos afluentes coma o
Bounote, adentrándose no corazón da Fraga de As Reigadas, un dos más importantes e mellor conservados montes atlánticos de Europa, no que predomina o carballo e o castiñeiro, pero no que tamén destacan pola súa rareza o olmo de monte, o teixo ou o serbal dos cazadores.
A ruta remata na antiga Ferreiría de Bogo (tamén coñecida como Ferreiría de Vilaboa), fundada no ano 1534 polo fidalgo Pedro de Miranda. Este conxunto etnográfico abarca: un pequeno encoro cunha fervenza e a canle de alimentación para desviar a auga do río hacia o banzado, a fragua con mazo e foles e unha pequena central electrica.