Historia na que se basea o percorrido desta ruta:
Según conta a historia, recollida da tradición oral polos máis anciáns do lugar, case un século atrás, no muíño que había xunto as vías do tren e do que aínda hoxe se conserva a súa estrutura exterior, traballaba un mozo muiñeiro. Fillo de pais tamén muiñeiros, naceu no oficio polo que entendía como ninguén os complexos engranaxes que movían as moas do muíño, sendo ademais, un dos que mellor dominaba a arte do picado das pedras cando estas se gastaban ao moer o grao.
Grazas ao carácter alegre e extrovertido deste mozo muiñeiro, e a que era un dos mellores no seu traballo, e grazas tamén a que o seu muíño estaba ao lado da vía do tren da liña “Villaodrid- Ribadeo” (moi próximo ao apeadeiro de “O Cairo”), eran moitas as personas doutras localidades que frecuentaban o seu muíño, tendo ademais moito éxito entre as mozas que lle levaban o grao para moer.
Un día achegouse polo muíño unha moza atraída polo balbordo da xente que alí se encontraba. Acaba de baixar do tren que viña de Ribadeo e, malia que ninguén sabía quen era nin de onde viña, ou quizáis por iso, nada máis vela o muiñeiro quedou prendado dela.
A razapa, precedente de Neguri – Biscaia, resultou se a filla dun importante home de negocios financeiros e un dos principais inversores da Sociedad Minera de Villaodrid e, o que nun principio pensaba ser unha visita express simplemente para coñecer as principais instalacións da Sociedad Minera que o seu pai financiara, debido a este encontro casual co xoven muiñeiro, pronto se convertiu nunha estancia de varios días.
Durante os días seguintes, era frecuente ver ós dous mozos pasear o seu amor ao longo do regato de O Cairo, percorrido que esta ruta recrea case no seu estado orixinal tal e como o vivieron os nosos protagonistas.
Cando o pai da rapaza se enterou da verdadeira razón pola que a súa filla prolongara a súa estancia nesta zona e comprobou que o rapaz co que se vía era un simple muiñeiro, obrigou a súa filla a regresar a casa de inmediato e prohibiulle volver a visitar estas terras.
A filla, lonxe de aceptar a imposición do seu pai, aproveitaba as numerosas e longas ausencias do seu pai por negocios, para visitar ó seu amado muiñeiro, tratando iso si, de que ningún dos encargados da Sociedad Minera a recoñecese e lle dese o chivatazo a seu pai.
Agora, os paseos á beira do regado eran máis furtivos, pasando a maior parte do tempo no interior do muíño ou nas proximidades da boca da Mina de O Cairo, lonxe das miradas indiscretas dos demais muiñeiros e dos “dimes e diretes” das lavandeiras que baixaban todas as tardes lavar a roupa ao regato.
Malia todas estas precaucións, non tardou en enterarse o pai da moza de que a súa filla lle desobedecera e, anoxado, para lograr impoñer o seu desexo e evitar que se seguise vendo co xoven muiñeiro, decide enviar a súa filla a estudar a Bos Aires (Arxentina). O xoven muiñeiro, pola súa parte, non se resigna a perdela polo que, dende o porto de Ribadeo, embárcase como polizón nun cargueiro que se dirixe hacia Mar del Plata.
Algúns afirman que, cando se atopaba a tan só unhas poucas millas do seu destino, o xoven polizón foi descuberto e este, para evitar se repatriado, lánzase á auga. A tripulación do cargueiro viu como desaparecía aos poucos minutos entre a oleaxe do inmenso Océano Atlántico, sen volver a saberse nunca nada máis del.
Outros, sen embargo, sosteñen que o mozo foi capaz de chegar á orilla e, aínda que nunca chegoua atoparse coa súa amada, si fixo fortuna producindo e exportando fariña de trigo de calidade (un oficio co que nacera e que, como xa se mencionou, dominaba como ninguén).
Hai, por último, uns poucos reticentes que non se creen nin unha palabra do que aparece aquí reflexado, considerándoa unha lenda máis de moitas que a xente inventaba para facer máis levadeiras as longas noites de inverno.
Descrición da ruta:
A ruta comeza na desembocadura do regato de O Cairo no río Eo, punto no que tamén se conta coa Ruta do Ferrocarril. Está formada por 2 tramos enlazados, sendo o segundo de eles opcional. O primeiro tramo é lineal, de 2,4 km (só ida) cun desnivel moi suave e vai seguindo o sendeiro paralelo ó regato de O Cairo, no cal vai facendo unha serie de saltos escalonados debido ós numerosos banzados que nel se levantaron para facilitar o rego dos pratos que antigamente existían nesa zona. Ademais do rego, a auga deste regato tamén se aproveitaba para mover os engranaxes de varios muíños repartidos ó longo deste percorrido, sendo os máis importantes 2 muíños que hai ao final deste tramo, próximos a Figueirarrúa.O segundo tramo, opcional, é circular de 3,3km de percorrido, e lévanos pola aldea de Figueirarrúa para o que debemos salvar un desnivel moito máis pronunciado que o percorrido ata ese momento. Se nos decidimos por facer tamén este tramo, na parte final, antes de conectar de novo coa ruta principal, podemos ver na Mina de O Cairo, unha das numerosas catas que a Sociedad Minera de Villaodrid fixo estudando a viabilidade comercial mineral do ferro existente na zona.
Contacto
Estrada Taramundi s/n
27720 | A Pontenova
982 342 101
turismo@concellodapontenova.org
Horarios
De martes a sábado:
De 10:00 a 14:00
De 16:00 a 19:00
Domingo:
De 10:00 a 14:00
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies
ACEPTAR