Ruta dos Fornos

Encadrada dentro dunha ruta máis longa, a “Ruta das Minas”, esta ruta curta circular debe o seu nome a que o seu percorrido enlaza os dous grupos de fornos de calcinación de ferro dos que dispoñía a “Sociedad Minera Villaodrid” para eliminar o fósforo contido nos carbonatos de ferro extraídos das minas das que era concesionaria.

Ademais dos fornos de calcinación xa mencionados e que constituen un dos principais símbolos deste concello, durante o percorrido desta ruta teremos ocasión de visitar tamén gran parte dos elementos máis característicos dunha explotación mineira de ferro de comezos do século XX: algunhas das antigas instalacións do ferrocarril como a estación de tren, os depósitos e tolvas de carga do mineral, as minas, os alicerces do antigo teleférico mineiro coñecido popularmente como “tranvía aéreo”, algúns túneis mineiros, etc…

Contacto

Estrada Taramundi s/n
27720 | A Pontenova
982 342 101
turismo@concellodapontenova.org

Horarios

De martes a sábado:
De 10:00 a 14:00
De 16:00 a 19:00

Domingo:
De 10:00 a 14:00

© Copyright 2022 Turismo A Pontenova

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies