Un pasado… moi presente

Unha forma de poñer en valor e sacar á luz gran parte do patrimonio mineiro-industrial que aínda se conserva é procedendo a súa rehabilitación e e orientación hacia novos usos incentivando a súa transformación en productos turísticos e de ocio.

Entre todos os traballos de recuperación e rehabilitación que se foron levando a cabo en diferentes épocas destacamos:

• A rehabilitación no ano 1989 da batería de 5 fornos de calcinación do grupo de Minas de Vilaoudriz.
• A rehabilitación da antiga estación de tren destinándoa, nun primeiro momento a casa de cultura, e anos máis tarde, a oficina de turismo.
• A remodelación no ano 2010 da “Praza dos Fornos” humanizándoa e facéndoa peonil.
• Na actualidade, estanse rematando os traballos de rehabilitación do forno de Boulloso e as súas instalacións circundantes (tolvas de carga, túnel do Boulloso, etc…).
• Tamén se vai levar a cabo a instalación dunha tirolina xigante no mesmo lugar por donde orixinalmente pasaba o cable do antigo “tranvía aéreo”.
• Por outra banda estanse a acometer os estudos necesarios para poder realizar o acondicionamento dunha das galerías da antiga Mina Consuelo para facela visitable ao público en xeral.

Contacto

Estrada Taramundi s/n
27720 | A Pontenova
982 342 101
turismo@concellodapontenova.org

Horarios

De martes a sábado:
De 10:00 a 14:00
De 16:00 a 19:00

Domingo:
De 10:00 a 14:00

© Copyright 2022 Turismo A Pontenova

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies