Declarada en 1986 pola Federación Nacional de Pesca como Concurso de Interés Deportivo Nacional, e tamén Festa de Interese Turístico de Galicia a partir de 1999, celebrase cada 1 de maio de xeito ininterrumpido dende o ano 1978, o que a converte na segunda festa da troita máis antiga de Galicia. Trátase dunha festa donde o escenario principal é o río Eo que, grazas aos Concursos de Pesca de lance, salmón e mosca, atrae aos mellores pescadores de numerosas Comunidades Autónomas.
Trátase dun vistoso espectáculo pirotécnico e musical que se fai coincidindo coas nosas Festas Patronais, celebradas o primeiro domingo de outubro que sexa día de feira en A Pontenova.
Unha das actividades lúdicas máis agardadas na época estival é o BAIXEO. Baixo o lema “Baixa como poidas”, durante esta xornada de lecer realízase o descenso dun tramo do río Eo en embarcacións e artiluxios flotantes de todo tipo, en moitos casos elaboradas polos propios participantes. Trátase dunha actividade non competitiva que se desenrola nun magnífico ambiente de amizade e diversión.
Unha vez chegados á meta, situada na área recreativa do Pozo da Ola, esperaos o Gran Faragull-Eo, aberto tamén para as persoas que non participan no descenso do río. Trátase da degustación dun postre típico e moi característico desta zona elaborado mezclando auga, leite, fariña de trigo (tamén pode ser de millo), ovos e sal. Este amoado frítese nunha tixola de ferro desmenuzándoa coa espátula ou espumadeira para que quede en anacos moi pequenos. Soe acompañarse, segundo os gustos, de torrezos e chourizos, de leite, mel, azucre, etc...
Outra das citas ineludibles en A Pontenova durante o mes de decembro é o Festival das Minas, que cada ano atrae a numeroso público que acude en busca de música e diversión.
Trátase dunha das probas automovilísticas puntuable para o Campionato Galego de Montaña. Segundo a Federación Galega de Automovilísmo (FGA), baseándose en parámetros vinculados coa xestión da documentación, a organización, o desenrolo da carreira, os premios, as clasificacións, os itinerarios, etc... está considerada como unha das mellores subidas do campionato.
Trátase dunha cita plenamente consolidada durante os días da ponte da Constitución, que cada ano congrega a un gran número de público así como a numerosos artesáns e anticuarios chegados de moi diversos puntos da península. Durante os días que dura esta feira, de entrada gratuíta, ademáis dos expositores de antigüidades nos que os anticuarios nos amosan as súas mellores pezas, diversos artesáns realizan tamén talleres ao vivo: elaboración de zocas, cestería en vimbio, pintura decorativa, forxa de ferro, traballos en coiro, xoiería, etc...
Contacto
Estrada Taramundi s/n
27720 | A Pontenova
982 342 101
turismo@concellodapontenova.org
Horarios
De martes a sábado:
De 10:00 a 14:00
De 16:00 a 19:00
Domingo:
De 10:00 a 14:00
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies
ACEPTAR